Síguenos en Facebook
Síguenos en Twitter

Sabía vd. que

  • As enerxías renovables produciron o 34,1% da electricidade consumida en España en outubro 2015 (AEE).
  • A metade da enerxía que consomen as familias españolas destínase a quentar a casa (Gas Natural Fenosa).
  • En outubro 2015, a enerxía eólica xerou o 19,9% da electricidade producida en España, a termosolar o 1,1% e a enerxía solar fotovoltaica o 2,7% (AEE).
  • O lixo que xeras en toda a túa vida equivale a 400 veces o teu peso (Redcicla.com).
  • Sabías que a auga sanitaria supón o 20% do consumo enerxético no fogar (Gas Natural Fenosa).
  • A electricidade que produce un muíño de vento equivale a 1.000 quilos de petróleo (Twenergy).
  • Cada megavatio eólico instalado en España produce un 21,3% máis electricidade que a media europea (AEE).
  • Ao reciclar unha botella de plástico aforramos a enerxía necesaria para manter unha lámpada acendida durante 6 horas (ecointeligencia.com)
  • Cada familia española gasta 1000 litros de auga mensuais no lavado de roupa (ecoestrategia).
  • Unha pila de botón pode contaminar a auga que necesita unha familia en todo un ano (Reciclame).
  • Un só litro de aceite é suficiente para afectar a 1.000 litros de auga (Costa Tierra Recycling).
  • Os buques tiran máis de 450.000 envases de plástico ao mar cada día (PLASLIVE).
  • Producir un litro de auga embotellada xera ata 600 veces máis CO2 que un litro de auga da billa (ecoestrategia).
  • Cada fogar consume unha cantidade de enerxía ao ano equivalente a 1,1 toneladas de petróleo (Renovae.org).
  • A cociña e os seus electrodomésticos supoñen o 26% do gasto enerxético do fogar (Twenergy).
  • Cada cidadán xera unha media de 1,2 kg de residuos domésticos ao día (Redcicla.com)
  • Segundo o LCOE (Custo Normalizado da Enerxía, nas súas siglas en inglés), as enerxías menos custosas son a eólica terrestre e a hidráulica.
  • A enerxía eólica en España exporta tecnoloxías por máis de 1.800 millóns de euros e dá emprego a máis de 27.000 persoas (aee)
  • O lugar habitado máis seco do mundo é Asuán, en Exipto, onde a media anual de chuvias é de 50 mm (Astroseti).
  • Un miligramo de petróleo varia o sabor e olor dun litro de auga potable (ECOTRANSA SAS).
  • En España consúmense 9.000 millóns de litros de gasolina cada ano (Redcicla.com).
  • Utilizar o lavalouza en programa rápido en lugar de fregar a man evita a emisión de 11,76kgCO2/año, o que equivale ao CO2 que se emite nunha viaxe en coche de 62 km (Ministerio de agricultura, alimentación e medioambiente).
  • Por cada tonelada de papel reciclado aforrase unha media de 13 árbores, 50.000 litros de auga e 3 barrís de petróleo (Redcicla.com).
  • Sabías que o lixo xerado en España durante un ano equivale ao tamaño do Mulhacén (Twenergy).
  • Cada kWh producido con enerxía eólica ten 21 veces menos impacto ambiental que o producido polo petróleo, 10 veces menos que o da enerxía nuclear e 5 veces menos que o gas (AEE).
  • Sabías que, a cantidade de elétricidade das enerxías renovables dispoñible agora mesmo en todo o mundo é maior que a producida por todas as centrais que queiman carbón en Estados Unidos (REVE).
  • En 2014, por primeira vez en catro décadas, a economía mundial creceu sen un aumento paralelo das emisións de CO2 (REVE).
  • Sabías que, na actualidade, máis de mil millóns de persoas, ou o 15% da humanidade, aínda carecen de acceso á electricidade (REVE).
  • O mantemento das billas e canos dun fogar é imprescindible de cara ao aforro de auga, xa que un goteo dunha billa de 1 gota/segundo convertese nun consumo de 30litros/día (FENERCOM).
  • Unha temperatura de entre 19º e 21º resulta suficiente para manter o confort nunha vivenda durante o día, supoñendo, cada grao de suba, un incremento nos consumos do 7% (INEGA).

Páxinas