Síguenos en Facebook
Síguenos en Twitter

Sabía vd. que

  • As enerxías renovables xeraron o 54,6% da electricidade demandada en España en febreiro de 2016 (aee).
  • Sabías que España conta co primeiro faro LED da Unión Europea (Menoswatios).
  • O lixo producido en España nun ano equivale ao tamaño do pico Mulhacen (Plaslive).
  • Cada megavatio eólico instalado en España produce un 21,3% máis de electricidade que a media europea (AEE).
  • Os residuos plásticos matan máis dun millón de aves mariñas e máis de 100.000 mamíferos mariños e tartarugas cada ano (Ecoinventos.com).
  • España representa o 18% da potencia eólica europea, e produce o 22% da electricidade europea xerada a través do vento (AEE).
  • España produce case 2 millóns de toneladas de residuos tóxicos ao ano (Plaslive).
  • En xaneiro 2016, as enerxías renovables cubriron o 46,4% da demanda eléctrica española: a eólica o 26,9%, a termosolar o 0,3% e a enerxía solar fotovoltaica o 1,6% (REVE).
  • China adianta a Europa como líder mundial en eólica, tras instalar 30.500 MW en 2015 (AEE).
  • O 68,2% da produción eléctrica do mes de xaneiro 2016 procedeu de tecnoloxías que non emiten CO2 (REVE).
  • O mercado de vehículos eléctricos pecha o ano 2015 cun crecemento do 28,5% e por primeira vez na historia alcanzáronse as 2.342 unidades vendidas (Anfac).
  • En 2015, a eólica achegou o 19% da electricidade en España, a termosolar o 2% e a enerxía solar fotovoltaica o 3,1% (REVE).
  • Dende finais do século XIX, a temperatura superficial media do planeta aumentou 1,8 graos Fahrenheit (1,0 ºC) (NASA).
  • O mercado dos vehículos híbridos pecha o ano 2015 cun volume de vendas de 19.231 unidades, o que representa un crecemento do 54,54% con respecto ao ano 2014 (Anfac).
  • O ano 2015 foi o máis caluroso dende fai 136 anos (NASA).
  • O 50,5% da produción eléctrica en España en decembro de 2015 procedeu de tecnoloxías que non emiten CO2 (REVE).
  • Sabías que a primeira poxa de enerxía renovable tras a moratoria verde que comezou a aplicarse en 2012, celébrase hoxe 14 de xaneiro 2016, e servirá para adxudicar 500 MW de enerxía eólica e outros 200MW de biomasa (AEE).
  • En 2015, a eólica foi a tecnoloxía que xerou a electricidade máis barata para os españois (AEE).
  • No mes de decembro de 2015, a xeración procedente de fontes de enerxías renovables representou o 28,6% da produción eléctrica total (REVE).
  • 50 millóns de toneladas de residuos tecnolóxicos xéranse cada ano no mundo, dos cales unha alta porcentaxe, terminan en vertedoiros de países en desenvolvemento (ONU).
  • España conta cunha rede de transporte eléctrico peninsular de máis de 40.000 km de circuito (REE).
  • España recicla incorrectamente o 65% dos residuos eléctricos e electrónicos (EFEverde).
  • Galicia ten só un 15% menos de luz que Almería (Ángeles López Aguera, profesora da Facultade de Físicas USC).
  • Os residuos plásticos matan máis dun millón de aves mariñas e máis de 100.000 mamíferos mariños e tartarugas cada ano (Ecoinventos.com).
  • No que levamos de ano, de xaneiro a novembro de 2015, a eólica xerou en España o 19,2% da produción eléctrica, a termosolar o 2,2% e a enerxía solar fotovoltaica o 3,2% (REVE).
  • O lixo producido en España nun ano equivale ao tamaño do pico Mulhacen (PLASLIVE).
  • En novembro 2015, a xeración procedente de enerxías renovables representou o 34,4% da produción, ao mesmo tempo que o 52,5% da produción eléctrica deste mes procedeu de tecnoloxías que non emiten CO2 (REVE).
  • A enerxía eólica alcanzou o pasado 21 de novembro ás 4.50 horas un novo récord de cobertura da demanda de electricidade, ao achegar o 70,4% do total, segundo indica Rede Eléctrica de España (REE).
  • Sabías que cada cidadán malgasta 50 litros de auga diarios (Plaslive).
  • Fabricar papel reciclado aforra 3 veces máis enerxía que o papel normal (Costa Tierra Recycling).

Páxinas