Síguenos en Facebook
Síguenos en Twitter

Sabía vd. que

  • A eólica xerou o 20.6% da electricidade consumida en España no mes de maio (aee).
  • Sabías que en 10 días o sol produce máis enerxía que todas as reservas de gas e cru do mundo (A gran Época).
  • O transporte é o único sector que non reduciu as súas emisións na Unión Europea entre 1990 e a actualidade (Greenpeace).
  • Un aeroxerador tarda só 153 días en recuperar a enerxía que custou construílo e ten unha vida útil de 20 a 25 anos (aee).
  • Segundo a OMS a metade da poboación urbana vive en cidades cun nivel de contaminación 2,5 veces maior ao recomendado e só o 16 por cento respira un aire que cumpre as normas (OMS).
  • Os españois reciclaron 724.657 toneladas de residuos de envases de vidro a través dos colectores verdes durante o ano 2015 (ecovidrio).
  • A eólica cubriu o 26% das necesidades de electricidade dos españois nos primeiros catro meses do ano 2016 (aee).
  • No mes de abril, a xeración procedente de fontes de enerxía renovable representou o 54,1% da produción eléctrica en España (aee).
  • Sabías que cada ciclo de lavado consome 50 litros de auga potable (Twenergy).
  • O primeiro aeroxerador da historia construíuse en 1888. Tiña un diámetro de 17 metros e 144 pas feitas de madeira de cedro. Cunha potencia de 12kW, funcionou durante 20 anos (aee).
  • A finais de 2015 no mundo había 1.985 GW de capacidade de xeración renovable (Irena).
  • Sabías que o 30% do consumo de auga no fogar correspóndese co baleirado da cisterna do inodoro (A Fábrica do Sol).
  • En 2015 recicláronse en España máis de 3.000 toneladas de lámpadas e luminarias (Ambilamp).
  • Coa potencia eólica mundial, de 432.419MW, poderíase abastecer de electricidade a 100 millóns de fogares europeos (aee).
  • Cada cidadán español recicla unha media de 15,5 kg de vidro, é dicir, uns 59 envases ao ano (Ecovidrio).
  • No primeiro trimestre do ano 2015, a eólica cubriu o 27,3% da demanda eléctrica en España (aee).
  • O parque eólico mariño máis grande do mundo estará en Reino Unido no ano 2020 e poderá fornecer electricidade a 1 millón de fogares (aee).
  • España é, con 23.000MW, o segundo país europeo e o quinto do mundo por potencia eólica (Navigant BTM).
  • Uns 4.000 millóns de persoas no mundo padecen falta de auga potable polo menos un mes ao ano (La Vanguardia).
  • Os españois gastamos ao día unha media de 137 litros de auga por persoa, 57 litros máis ao día do recomendado pola OMS (AQUAe FUNDACIÓN).
  • Sabías que un aparello en posición de espera pode representar ata un 70% do seu consumo diario (Mundo sostenible).
  • A eólica produciu o 30,2% da electricidade demandada en España no mes de febreiro de 2016 (aee).
  • A eólica produciu o 30,2% da electricidade demandada en España no mes de febreiro de 2016 (aee).
  • As enerxías renovables xeraron o 54,6% da electricidade demandada en España en febreiro de 2016 (aee).
  • Sabías que España conta co primeiro faro LED da Unión Europea (Menoswatios).
  • O lixo producido en España nun ano equivale ao tamaño do pico Mulhacen (Plaslive).
  • Cada megavatio eólico instalado en España produce un 21,3% máis de electricidade que a media europea (AEE).
  • Os residuos plásticos matan máis dun millón de aves mariñas e máis de 100.000 mamíferos mariños e tartarugas cada ano (Ecoinventos.com).
  • España representa o 18% da potencia eólica europea, e produce o 22% da electricidade europea xerada a través do vento (AEE).
  • España produce case 2 millóns de toneladas de residuos tóxicos ao ano (Plaslive).

Páxinas