Síguenos en Facebook
Síguenos en Twitter

Sabía vd. que

  • Segundo datos oficiais do 2008, a biomasa forestal podería cubrir o 3% da enerxía primaria de España e xerar 10.000 postos de traballo. (CIEMAT)
  • Xa é posible viaxar entre Zaragoza e Huesca conducindo un vehículo de pila de combustible de hidróxeno grazas ás hidroxeneras inauguradas en ambas cidades. (20minutos.es)
  • Un 84% da poboación respira aire que supera os índices de protección para a saúde recomendados pola Organización Mundial da Saúde. (terra.org)
  • A demanda instantánea de enerxía eléctrica peninsular en España rexistrou un novo máximo de verán con 41.318 MW, ás 13:26 horas do 19 de xullo de 2010. Esta cifra supera o anterior máximo acadado o día 8 de xullo con 41.127 MW. (REE)
  • Os coches eléctricos poderán cargarse en cabinas telefónicas. (El Progreso)
  • Os satélites artificiais utilizan paneis solares para xerar a enerxía eléctrica que necesitan os seus equipos. (Natureza educativa)
  • Varios expertos sosteñen que o carbón podería acabarse en dúas décadas e non nos dous séculos das estimacións oficiais. (Consumer)
  • España instalou 2.459 MW no 2009 e acada xa os 19.149 MW de potencia acumulada. (aee)
  • Os niveis actuais de contaminación atmosférica causan 16.000 mortes prematuras en España. (Ecologistas en acción)
  • A finais do 2008, o mundo tiña un total acumulado de 15.000 megavatios en instalacións fotovoltaicas. (Terra.org)
  • Segundo os datos dun informe realizado pola Asociación Europea de Fabricantes de Neumáticos y Productos de Caucho, España procesou 314.000 toneladas de neumáticos fora de uso en 2009. (wwww.repsol.es)
  • A eólica consolídase como terceira tecnoloxía no sistema eléctrico español ao acadar no 2009 unha producción de 36.188 GWh, só superada polas centrais térmicas de gas de ciclo combinado e as nucleares. (Asociación Empresarial Eólica)
  • A concentración de gases de efecto invernadoiro no noso planeta aumentou un 30% dende o século pasado. (Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino)
  • As bolsas de plástico biodegradable descompóñense ao final da súa vida útil de maneira natural en 180 días. (Asociación Española de Bioconstrucción)
  • A enerxía fotovoltaica podería subministrar ata un 12% da demanda eléctrica da UE no 2020. (www.energias-renovables.com)
  • O 7% da factura da casa corresponde a iluminación, mentres os electrodomésticos representan o 17%. (EnerAgen)
  • Máis de 2 millóns de nenos morreron por enfermidades respiratorias severas no ano 2000; o 60% destes casos estiveron asociados a factores de contaminación do aire en recintos pechados e a outros factores ambientais. (UNESCO)
  • O 42,2% do gasto enerxético español destínase a cubrir a demanda do transporte. (Greenpeace)
  • En Europa consúmese o 17,45% da enerxía mundial. En España o consumo é do 1,4%. (EnerAgen)
  • A enerxía hidráulica é a fonte renovable de electricidade máis utilizada no mundo, cun 19% da produción total. Canadá é o produtor máis importante de enerxía hidroeléctrica, seguido por Estados Unidos e Brasil. (UNESCO)
  • No 2009 cambiáronse en España de forma gratuíta sete millóns de lámpadas por lámpadas de baixo consumo, un aforro equivalente ao consumo eléctrico anual de 147.000 familias, é dicir, 94 millóns de euros anuais. (IDAE)
  • Ao tapar os recipientes cos que cociñas evitas perdas de calor e fas que os teus alimentos conserven as súas propiedades. (www.repsol.com)
  • Cada español emite de media unhas 10 toneladas de CO2 ao ano. (Greenpeace)
  • Dentro do fogar, onde máis enerxía se gasta é en climatización (calefacción e refrixeración) cun 42,86%. (EnerAgen)
  • Cada ano pérdese no mundo unha área de bosque primario equivalente ao tamaño de Grecia. (Greenpeace)
  • Os televisores supoñen un 9% da enerxía consumida en Europa. (El Mundo)
  • Un 20% da factura da casa gástase en quentar auga. (EnerAgen)
  • A enerxía eólica evitou en 2008 a importación de combustibles fósiles por valor de máis de 1200 millóns de euros. (aee)
  • Galicia importa o 75% da enerxía primaria que consume. O petróleo representa o 50% destas importacións. (Inega)
  • O mercado solar térmico europeo creceu un 60% en 2008. (www.energias-renovables.com)

Páxinas