Síguenos en Facebook
Síguenos en Twitter

Sabía vd. que

  • Coa enerxía aforrada polo material reciclado en España dende 1998 a 2017, poderíase manter unha lámpada de 60 W acesa durante máis de 73 millóns de anos. (Ecoembes)
  • Necesítase a mesma enerxía para facer unha lata de metal dende cero que para facer 20 latas recicladas. (Ambientum)
  • Unha casa media desperdicia a enerxía suficiente para ter aceso un televisor durante dous anos. (IGAC)
  • Os norteamericanos consumen cinco veces máis auga que os europeos. (Fundación Aquae)
  • Se ninguén cargara o seu teléfono móbil durante un día, evitaríase a emisión de 15 mil toneladas de gases de efecto invernadoiro. (Ambientum)
  • Lavar o coche nun túnel de lavado ou cun caldeiro e un cepillo, aforra máis de 300 L de auga que facelo directamente coa mangueira. (Xunta de Andalucía)
  • Como media, o papel pode reciclarse unhas 6 veces. A partir de aí faise imprescindible ir engadindo ao proceso fibra virxe das árbores para renovar a materia prima. (Aspapel)
  • Os plásticos só poden reciclarse 4 ou 5 veces. En cada reciclado ten lugar un proceso térmico que vai degradando o material. (Cicloplast)
  • Os metais poden reciclarse unha e outra vez sen fin. Se reciclas aceiro dun coche, unha lavadora ou unha lata tés unha e outra vez materia prima. (Ecoacero)
  • O vidro pode reciclarse ao 100% sen perder ningunha das súas calidades. (Ecovidrio)
  • Unha pila recargable pode substituír ata 300 de usar e tirar, polo que ademais de diminuír o impacto ambiental que producen os seus residuos aforran os recursos naturais que esixe a súa produción. (Greenpeace)
  • O deserto do Sáhara expandiuse un 10% dende 1920 polo cambio climático (Fundación Nacional de Ciencia da Universidade de Maryland)
  • Fabricar unha pila consume 50 veces máis enerxía da que esta produce. (Greenpeace)
  • A maior racha de vento rexistrada, non relacionada con tornados, é de 408 km/h e produciuse en 1996 na illa de Barrow, Australia. (Organización Mundial da Meteoroloxía, OMM)
  • Os seres humanos están exterminando cada ano cerca do 1% de todas as demáis especies. (Sociedade Zoolóxica de Londres)
  • Para producir un filete precísanse 9.800 L de auga. (Xunta de Andalucía)
  • Unha pila de mercurio pode contaminar 600 mil litros de auga y unha alcalina, 167 mil litros. (Greenpeace)
  • O papel pódese reciclar ata 7 veces antes de que deba descartarse debido á perda das súas propiedades. (Ecología hoy)
  • Nos últimos 35 anos, a Terra perdeu case un terzo da biodiversidade global. (Sociedade Zoolóxica de Londres)
  • O consumo medio de auga na comunidade autónoma de Galicia é de 129 litros por habitante e día, e en España é de 132 litros. (INE, Instituto Nacional de Estatísticas)
  • A contaminación acústica causa hipertensión e enfermidades cardiovasculares, dando lugar a unhas 10.000 mortes prematuras ao ano en Europa. (AEE, Axencia Europea de Medio Ambiente)
  • Case 20 millóns de europeos sofren as molestias causadas por ruído ambiental. (AEE, Axencia Europea de Medio Ambiente)
  • Sabías que a vertedura dun litro de aceite industrial usado pode contaminar un millón de litros de auga ( SIGAUS).
  • Case mil millóns de persoas en todo o mundo vive sen electricidade (Nacións Unidas).
  • Case 20 millóns de europeos sofren as molestias causadas por ruído ambiental (AEE, Axencia Europea de Medio Ambiente).
  • O consumo medio de auga na comunidade autónoma de Galicia é de 129 litros por habitante e día, e en España é de 132 litros (INE, Instituto Nacional de Estatísticas).
  • Máis de 800.000 persoas morren cada ano en todo o mundo pola contaminación xerada pola queima de carbón (WWF).
  • Os niveis de ruído procedentes do tráfico rodado superiores a 55 dB afectan a uns 125 millóns de persoas, é dicir, a un de cada catro europeos (AEE, Axencia Europea de Medio Ambiente).
  • A 16% da auga que circula polas tubaxes municipais - preto de 40.000 millóns de litros - pérdese ben por avarías ou fugas (INE, Instituto Nacional de Estatísticas).
  • Polo menos 8 millóns de europeos sofren transtornos do soño debidos ao ruído ambiental (AEE, Axencia Europea de Medio Ambiente).

Páxinas