• Carácter:

    Permanente.

    Período de Exposición:

    Dende o ano 2005.

    Autor/a:

    Departamento de Divulgación Sotavento.

    Obxectivo:

    Coñecer as especies vexetais típicas das zonas montañosas galegas, as súas características e usos tradicionais.

    Breve Descrición:

    O herbario componse de 24 paneis-expositores de grandes dimensións onde se inclúe a seguinte información:

    • Nome ou nomes comúns da planta xunto coa súa denominación botánica en latín.
    • Foto do exemplar na súa zona de crecemento.
    • Breve decrición das características da planta: cor das flores, forma da folla, dimensións, época de floración, hábitat no que se atopa, etc.
    • O propio exemplar debidamente prensado e disecado.
    • Un apartado de “Curiosidades” onde se explican os usos tradicionais, propiedades curativas, lendas, aplicacións industriais, etc.
    • Localización da especie no Parque, cun mapa de distribución onde se observa a súa presenza na área de estudo.
    • Etiqueta botánica, na que se realiza unha clasificación da planta: división, clase, subclase, orde, familia…

    Neste tamén se incluíron algunha das especies pertencentes ao ensaio-demostración de biomasa que, mediante cultivos enerxéticos, realiza a Universidade de Santiago en Sotavento.