Síguenos en Facebook
Síguenos en Twitter

Códigos Éticos

SOTAVENTO GALICIA, S.A. ten aprobado un Plan de Prevención de Riscos Penais, plan que pretende identificar as normas, procedementos e ferramentas que ten establecidos para evitar o incumprimento da normativa legal con relevancia penal aplicable á Sociedade e ao seu persoal, e adaptala ao novo medio regulatorio.

Adicionalmente a este documento esixible "formalmente" SOTAVENTO GALICIA, S.A. recoñece a necesidade de procurar unha maior eficiencia, responsabilidade e transparencia na súa xestión polo cal elaborou e aprobou polo Consello de Administración dous documentos complementarios ao Plan de Prevención de Riscos Penais e que no seu conxunto forman os Códigos Éticos da Sociedade.

  • Código ético e de conduta.
  • Ten por obxecto establecer as pautas xerais de conduta da Empresa e a de todo o equipo humano que a conforma.

  • Plan de bo goberno corporativo.
  • Abrangue unha serie de elementos estratéxicos cara a integrar e harmonizar o funcionamento dos diferentes actores de SOTAVENTO GALICIA, S.A., tales como Accionistas, Consello de Administración e Xerencia; ademais da súa relación cos empregados, proveedores, clientes, reguladores, Administracións Públicas, entidades financeiras, etc., sempre coa intención de ser un xerador de valor sostible no medio e longo prazo.