Síguenos en Facebook
Síguenos en Twitter

Vivenda Bioclimática

A vivenda bioclimática demostrativa emprázase no Parque Eólico Experimental Sotavento, ao Norte do edificio principal. No deseño, situación e adaptación ao terreo tivéronse en conta os factores climatolóxicos: radiación solar, exposición aos ventos predominantes, temperaturas ambiente, precipitacións, etc. e outros como a xeomorfoloxía do terreo, ciclo de vida dos materiais, construcións adxacentes e proximidade a puntos de abastecemento. Non obstante, os criterios fundamentais sobre os que se asenta o deseño son: a sostibilidade, o aforro e a eficiencia enerxética. Para lograr este obxectivo, na vivenda implementáronse as seguintes medidas que poden dividirse en "pasivas" e "activas".

Vivenda Bioclimática (1)

Medidas Pasivas:

As estratexias pasivas son medidas correctivas ou paliativas para mellorar a calidade do ambiente interior sen que estas supoñan un consumo enerxético adicional, utilizando fundamentalmente, medidas inspiradas nas arquitecturas autóctonas, sinxelas de aplicar e que dende tempos pasados viñeron funcionando. Entre as medidas adoptadas cabe citar:

  • Protección mediante antucas e galería
  • Emprego de muros trombe
  • Ocos con protección solar permanente en vidros e variable (venecianas motorizadas)
  • Recollida de pluviais
  • Sistemas de aforro de auga
  • Sistema construtivo

Medidas Activas:

As estratexias activas baséanse na eficiencia enerxética de instalacións que cobren as necesidades térmicas, de refigeración e eléctricas da vivenda. Entre elas cabe citar:

  • Paneis solares fotovoltaicos
  • Minixerador eólico
  • Instalación solar térmica
  • Caldeira de biomasa
  • Bomba de calor xeotérmica
  • Refrixerador evaporativo

Parámetros monitorizados


Os parámetros almacenados e monitorizados para a vivenda son os relativos a:

  • Instalación solar térmica
  • Instalación solar fotovoltaica e minieólica
  • Instalacións de xeración de calor: caldeira de biomasa e bomba de calor
  • Temperaturas dos recintos en chans, paredes e teitos

Vivenda Bioclimática (2)

Acceso e descarga de datos


Os parámetros da vivenda bioclimática do Parque Eólico Sotavento son almacenados nunha base de datos e integrados nunha aplicación de descarga de datos. Esta aplicación, permite ás organizacións, empresas ou universidades coas que Sotavento mantén convenios de colaboración o acceso á información necesaria para o desenvolvemento de proxectos.

Para ver o listado completo dos parámetros almacenados nas instalacións do parque eólico e vivenda bioclimática ir aquí.

Para descargar a Memoria da Vivenda Bioclimática Demostrativa pulsa aquí