Síguenos en Facebook
Síguenos en Twitter

Minieólica

No Parque Eólico Sotavento hai instalado, ata o momento, un único aeroxerador de pequena potencia. Como o resto das instalacións monitorízase e almacena a información relativa aos principais parámetros.
A potencia nominal do aeroxerador é de 1,5 kW. A instalación, ao igual que a solar fotovoltaica, encádrase dentro das destinadas a cubrir as necesidades eléctricas na vivenda bioclimática.
Encóntrase situado ao Nordés da vivenda sobre unha torre autosoportada de 8 m. de altura. O aeroxerador é do tipo bipala e orientación pasiva a barlovento.

Minieólica (1)

Descrición técnica


O modelo do aeroxerador é INCLIN 1.500 de BORNAY, coas pas fabricadas en fibra de vidro e carbono. O xerador é do tipo síncrono, trifásico e de imáns permanentes de neodimio, sendo este o encargado de transformar a enerxía mecánica comunicada polas pas en enerxía eléctrica. A corrente alterna xerada é de frecuencia e tensión variables, por iso na sala de instalacións é rectificada a través dun inversor a corrente continua, para a continuación volver transformarse en corrente alterna en condicións adecuadas de tensión e frecuencia para a súa inxección á rede.
Monitorízanse e almacenanse variables tanto eléctricas coma meteorolóxicas, co fin de avaliar o comportamento deste miniaeroxerador:

Parámetros monitorizados


  • Velocidade do vento
  • Dirección do vento
  • Tensión, intensidade, potencia activa e reactiva no lado de alterna
  • Potencia instantánea
  • Enerxía xerada acumulada

Características aeroxerador


Marca e Modelo BORNAY Inclin 1500
N.º pas 2
Diámetro 2,86 m
Material pas Fibra de vidro / carbono
Tipo Xerador Trifásico de imáns permanentes
Imáns Neodimio
Pot. Nominal 1.500 W
Voltaxe Nominal 120 Vac
Vento para arranque 3,5 m/s
Vento para Pot. Nominal 12 m/s
Vento para freado automático 14 m/s
Peso 42 Kg

Características Inversor


Marca e Modelo BORNAY Aurora 3600
ENTRADA CA
Potencia máxima de CA 3.600 W
Tensión CA 0-600 V
SAÍDA CA
Tensión CA saída 230 V -50 Hz
Corrente máx. saída 16 A
Conexión de CA Monofásica
Rendemento 96,0 %

Aplicación demostrativa


Sotavento dispón dunha aplicación demostrativa, visual e interactiva, que permite ver os datos da instalación en tempo real e realizar múltiples cálculos e extrapolacións.

Minieólica (2)

Acceso e descarga de datos


Os parámetros da instalación minieólica do Parque Eólico Sotavento son almacenados nunha base de datos e integrados nunha aplicación de descarga de datos. Esta aplicación, permite ás organizacións, empresas ou universidades coas que Sotavento mantén convenios de colaboración o acceso á información necesaria para o desenvolvemento de proxectos.

Para ver o listado completo dos parámetros almacenados nas instalacións do parque eólico e vivenda bioclimática ir aquí.