Síguenos en Facebook
Síguenos en Twitter

Equipos para Calefacción e AQS

A caldeira de biomasa está emprazada na sala de instalacións térmicas da vivenda bioclimática demostrativa, situada no Parque Eólico Experimental Sotavento. O equipo utiliza pellets como biocombustible, os cales son cargados mediante transporte pneumático dende un silo con capacidade para 2.500 kg. situado no almacén da vivenda. A potencia térmica nominal do equipo é de 20 kW.

CaldeIra de Biomasa (1)

A achega de enerxía da caldeira ao sistema de calefacción e ACS efectúase a través dun depósito de inercia estratificado de 800 litros. Sobre este depósito, ademais da caldeira de biomasa, conéctase unha bomba de calor xeotérmica capaz de achegar enerxía de modo paralelo, operando sobre a parte superior e inferior do acumulador respectivamente. Dende este depósito impúlsase e retorna a auga quente destinada á calefacción por chan radiante. Ademais, incorpora un intercambiador interno do tipo serpentín destinado á produción de ACS.

Parámetros monitorizados


Os parámetros almacenados e monitorizados para este equipo son:

  • Temperatura de fluído na entrada e saída da caldeira
  • Temperaturas do depósito de inercia en cinco niveis
  • Caudal circulante
  • Potencia instantánea transmitida
  • Enerxía térmica transmitida

Características técnicas


Marca e Modelo OKPFEN PELLEMATIC PE20
Potencia calorífica nominal 20 kW
Ancho total 1.130 mm
Ancho da caldeira 700 mm
Altura da caldeira 1.090 mm
Fondo-caldeira 814 mm
Diámetro conexións ida/retorno 1"
Diámetro cheminea de fume 150 mm
Peso 250 kg
Conexión eléctrica 230 V 50 Hz
Rendemento 92,6%
Rendemento con carga parcial 91,1%
Contido en auga 66 L
Temperaturas gases de combustión 160 ºC

Aplicación demostrativa


Sotavento dispón dunha aplicación demostrativa, visual e interactiva, que permite ver os datos da instalación en tempo real e realizar múltiples cálculos e extrapolacións.

CaldeIra de Biomasa (2)

Acceso e descarga de datos


Os parámetros das instalacións térmicas do Parque Eólico Sotavento son almacenados nunha base de datos e integrados nunha aplicación de descarga de datos. Esta aplicación, permite ás organizacións, empresas ou universidades coas que Sotavento mantén convenios de colaboración o acceso aos datos necesarios para o desenvolvemento de proxectos.

Para ver o listado completo dos parámetros almacenados nas instalacións do parque eólico e vivenda bioclimática ir aquí.

A bomba de calor xeotérmica, ao igual que a caldeira de biomasa, está emprazada na sala de instalacións térmicas da vivenda bioclimática situada no Parque Eólico Experimental Sotavento. O equipo posúe o seu circuíto frigorífico, no lado do evaporador, conectado a un intercambiador xeotérmico horizontal. Basicamente este intercambiador consiste en 500 m. de canalización de polietileno de DN 32 mm. situada baixo material de recheo procedente da escavación da propia vivenda, a unha profundidade media de 2 m., e que permite a extracción de enerxía térmica do terreo para empregala en cubrir as demandas da vivenda. A bomba de calor dispón dunha potencia calorífica nominal de 8,2 KW e un COP de 4,7 (COP para unha temperatura media no evaporador 0ºC e de 35ºC no condensador, excluíndo o consumo eléctrico das bombas circuladoras). A bomba de calor traballa baixo demanda sobre a parte inferior dun depósito de inercia estratificado de 800 litros.

Bomba de Calor Xeotérmica (1)

Parámetros monitorizados


Os parámetros almacenados e monitorizados para este equipo son:

  • Temperatura do fluído á entrada e saída da bomba de calor, circuíto xeotérmico
  • Temperatura do fluído á entrada e saída da bomba de calor, circuíto secundario
  • Temperaturas do depósito de inercia en cinco niveis
  • Caudal circulante no circuíto secundario
  • Potencia instantánea transmitida
  • Enerxía térmica transmitida
  • Temperatura do terreo no intercambiador xeotérmico en 32 puntos
  • Temperatura de referencia do terreo non perturbado

Características técnicas


Marca e Modelo OPTIHEAT 8es
Potencia calorífica nominal1 8,2 kW
COP1 4,7
Potencia eléctrica nominal absorbida 1,7 kW
Caudal de auga no evaporador (T=3ºC) 2,00 m3/h
Caudal de auga no condensador (T=10ºC) 0,71 m3/h
Ancho da bomba 1.260 mm
Altura da bomba 700 mm
Fondo da bomba 530 mm
Tipo de refrixerante/carga 410A/2,1 kg
Max. potencia eléctrica absorbida 5,4 kW
Max. potencia eléctrica absorbida incluíndo bombas 5,9 kW
Conexión eléctrica 400-3 V 50 Hz

1 Sin incluír o consumo eléctrico das bombas circuladoras, e para temperatura media do evaporador de 0ºC e de 35ºC no condensador.

Aplicación demostrativa


Sotavento dispón dunha aplicación demostrativa, visual e interactiva, que permite ver os datos da instalación en tempo real e realizar múltiples cálculos e extrapolacións.

Bomba de Calor Xeotérmica (2)

Acceso e descarga de datos


Os parámetros das instalacións térmicas do Parque Eólico Sotavento son almacenados nunha base de datos e integrados nunha aplicación de descarga de datos. Esta aplicación, permite ás organizacións, empresas ou universidades coas que Sotavento mantén convenios de colaboración o acceso á información necesaria para o desenvolvemento de proxectos.

Para ver o listado completo dos parámetros almacenados nas instalacións do parque eólico e vivenda bioclimática ir aquí.