Síguenos en Facebook
Síguenos en Twitter

Monitorización e Comunicacións

O Parque Eólico Sotavento está comunicado co exterior mediante redes de datos de banda ancha redundantes que permiten manter unha comunicación constante con este:

  • Liñas ADSL estándar (acometen ao parque mediante fibra óptica)
  • Liña ADSL WIFI (chega ao parque mediante radioenlace)

Dentro do parque existen varias subredes que permiten desenvolver con solvencia as diferentes tarefas e proxectos.

O medio utilizado para o transporte de información entre o interior e exterior do parque é fibra óptica monomodo e multimodo, empregándose unicamente cableado estructurado na conexión cos equipos.

As principais subredes existentes son:

  1. Rede de aeroxeradores (Produción)

    Esta rede de comunicación impleméntase para realizar unha análise en paralelo dos datos proporcionados polos SCADA's dos aeroxeradores.

    Subrede de fibra óptica (con topoloxía Token Ring) que comunica todos os aeroxeradores co edificio de control.

  2. Rede de explotación

    Subrede composta por todos os equipos dedicados á explotación dende o punto de vista técnico:

    • Segmentos de rede e equipos SCADA's de aeroxeradores e subestación
    • Segmentos de rede e equipos de torres anemométricas
    • Segmentos de rede e equipos relacionados con proxectos experimentais específicos

  3. Rede de Divulgación

    Composta por todos os equipos dedicados a labores educativo-divulgativas:

    • Estacións de traballo de educadores
    • Puntos información-divulgación Interactivos

  4. Rede de Servidores

    Dentro da subrede de servidores, situada na sala de racks do edificio de control do parque, encóntranse centralizados todos os servidores de información que proporcionan os diferentes servizos a todas as demais subredes. É unha rede DMZ (especialmente protexida).

    Os servidores que contén son:

    • Servidor de arquivos (Active Directory)
    • Servidor de base de datos (SQL Server)
    • Servidor WEB (Apache, e Tomcat)
    • Servidor Real Time (SCADA datos tempo real)
    • Servidores Aplicacións (Proxectos, instalacións, etc.)
    • Servidor de Backup (NAS)

  5. Rede de Sistemas Auxiliares

    Rede que contén equipos auxiliares, de uso común, compartidos polas demais subredes (impresoras, escáner, pantallas de proxección, etc.).

    Todas as subredes están protexidas mediante un completo sistema firewall. Todos os equipos principais dispoñen dun sistema de alimentación ininterrompida (SAI).

Esquema de redes de comunicación de Sotavento
Esquema de redes de comunicación do Parque Eólico Sotavento

APLICACIÓN DE DESCARGA DE DATOS


Os parámetros das instalacións eólicas do Parque Eólico Sotavento son almacenados nunha base de datos e integrados nunha aplicación de descarga. Esta aplicación, permite ás organizacións, empresas ou universidades coas que sotavento mantén convenios de colaboración o acceso aos datos necesarios para o desenvolvemento de proxectos.

Para ver o listado completo dos parámetros almacenados nas instalacións do parque eólico e vivenda bioclimática ir aquí.