Síguenos en Facebook
Síguenos en Twitter

Obxectivos por colectivo

O Plan Educativo-Formativo de Sotavento vai dirixido a todos os estamentos e grupos sociais. Calquera tipo de Asociación, Empresa, Centro de Primaria, Secundaria, Formación Profesional, Universidades, Colectivos ou persoas particulares que teñan interese nas enerxías renovables e na eficiencia enerxética, poden solicitar a visita ás nosas instalacións.

Para cada unha das visitas, realízase unha programación específica que trata de adecuarse aos intereses, nivel de formación e inquietudes dos seus integrantes e que persegue, de forma xeral, os seguintes obxectivos:

OBXECTIVOS:


  • Recoñecer o concepto de enerxía e as distintas formas de utilizala ao longo da historia
  • Aprender diferentes formas de obter enerxía e comprender a diferenza entre fontes de enerxía renovables e fontes de enerxía non renovables
  • Observar a aplicabilidade das distintas fontes de enerxía renovables
  • Ser consciente de que a obtención de enerxía produce impacto no medio
  • Valorar a importancia da enerxía na nosa vida e a necesidade dun uso responsable desta

CONTIDOS:


  • A enerxía ao longo da historia
  • Distinción das distintas formas de aproveitar a enerxía ao longo da historia
  • Recoñecemento de conceptos básicos relacionados coa enerxía
  • As fontes de enerxía:
    • Non renovables: uranio, petróleo, gas e carbón
    • Renovables: o sol, o mar, os ríos, o vento, a calor da terra, a biomasa
  • Discriminación das fontes de enerxía renovables e non renovables
  • Comprensión da transformación das fontes de enerxía renovable presentes na natureza en enerxía eléctrica e calorífica
  • Observación e discriminación das partes dun aeroxerador e o seu funcionamento
  • Observación e experimentación da capacidade do vento para producir enerxía
  • Balance enerxético
  • Aforro e eficiencia enerxética
  • Concienciación da importancia da enerxía na vida cotiá e das fontes que empregamos para obtela
  • Recoñecemento das relacións existentes entre a utilización de enerxía e o impacto ambiental
  • Concienciación da necesidade de mitigar o impacto ambiental que se produce ao consumir enerxía
  • Introdución á mobilidade eléctrica
  • Identificar accións encamiñadas á utilización responsable da enerxía na vida diaria e concretamente nos nosos fogares
  • Gusto polo coñecemento e o coidado do medio que nos rodea

Obxectivos Infantil e Primaria

OBXECTIVOS:


  • Coñecer as formas tradicionais de aproveitar a enerxía e a súa evolución ao longo da historia
  • Coñecer e analizar as fontes de enerxías renovables e non renovables, así como as súas características principais
  • Coñecer e analizar o noso balance enerxético nacional, europeo e mundial
  • Coñecer o funcionamento dun parque eólico nas súas distintas fases: montaxe, produción e evacuación
  • Coñecer o aproveitamento do sol como fonte de enerxía nas súas distintas vertentes: o funcionamento dun panel solar térmico e un panel solar fotovoltaico
  • Coñecer proxectos de investigación que se levan a cabo en Sotavento como o de Acumulación de Enerxía Eólica en forma de H2
  • Comprender a importancia da arquitectura bioclimática no aforro enerxético
  • Observar a aplicabilidade das distintas fontes de enerxía renovable na vida cotiá, comparando o seu rendemento e eficiencia enerxética
  • Reflexionar acerca das repercusións das actividades humanas no medio que nos rodea
  • Tomar conciencia da necesidade dun consumo enerxético responsable e eficiente

CONTIDOS:


  • A enerxía ao longo da historia
  • Discriminación das distintas formas de aproveitar a enerxía ao longo da historia
  • As fontes de enerxía:
    • Non renovables: uranio, petróleo, gas e carbón
    • Renovables: o sol, o mar, os ríos, o vento, a calor da terra, a biomasa
  • Análise das fontes de enerxía renovables e non renovables, e das súas características principais
  • Análise da transformación das fontes de enerxía renovables presentes na natureza en enerxía eléctrica e calorífica
  • Concienciación sobre a importancia da enerxía na vida cotiá e o custo ambiental que supón
  • Actitude reflexiva e crítica acerca do uso e rendemento das fontes de enerxía
  • Coñecemento da montaxe e funcionamento dun parque eólico, estudos previos, produción e evacuación, así como dos seus distintos compoñentes
  • Aeroxerador: tipoloxía, compoñentes, diferenzas tecnolóxicas...
  • Impacto ambiental
  • Análise do aproveitamento da fonte de enerxía solar e a comparación de rendementos das distintas novidades tecnolóxicas neste campo
  • A vivenda bioclimática como exemplificación real dun modelo de desenvolvemento tecnolóxico e sostible, potenciando un uso enerxético responsable
  • Reflexión sobre a importancia dunha construción arquitectonicamente eficiente de cara ao aforro enerxético
  • Funcionamento e comparativa do rendemento das tecnoloxías máis novidosas/innovadoras en enerxía renovable aplicadas á vida cotiá
  • A pila de combustible: características e funcionamento
  • Coñecemento do proxecto fundamentado en aproveitar o hidróxeno como almacén enerxético a partir da enerxía eólica
  • Identificación de termos científicos asociados ás distintas tecnoloxías: colector plano, pitch control, etc.
  • Recoñecemento das relacións existentes entre fontes de enerxía e os procesos de deterioración do medio e da calidade de vida
  • Curiosidade por coñecer distintos aspectos tecnolóxicos e a súa repercusión na calidade de vida e na conservación do medio
  • Introdución á mobilidade eléctrica
  • Valoración da necesidade dun consumo e utilización adecuada dos recursos naturais co fin de facilitar un desenvolvemento sostible no planeta
  • Gusto pola participación activa e cooperativa no desenvolvemento das distintas actividades

Obxectivos ESO e FP non técnico

OBXECTIVOS:


  • Analizar distintas formas tradicionais de obter enerxía e a súa evolución ao longo da historia
  • Afondar no coñecemento das fontes de enerxías renovables e non renovables, así como nas súas características principais
  • Analizar o funcionamento dun parque eólico nas súas distintas fases: montaxe, produción e evacuación
  • Coñecer o aproveitamento do sol como fonte de enerxía nas súas distintas vertentes: funcionamento dun panel solar térmico e un panel solar fotovoltaico, así como a comparativa das distintas novidades tecnolóxicas de cada tipoloxía
  • Descubrir e comprender as novidades tecnolóxicas que, no campo da transformación enerxética, terán repercusión nun futuro inmediato
  • Analizar a influencia da arquitectura bioclimática no aforro enerxético, impulsando un uso da enerxía responsable e un desenvolvemento sostible do planeta
  • Analizar a aplicabilidade das fontes de enerxía renovables á vida cotiá, coñecer as máis novidosas técnicas de aproveitamento destas e comparar o seu rendemento e eficiencia enerxética no fogar
  • Valorar as repercusións que as actividades humanas teñen sobre a natureza e tomar conciencia da necesidade dun desenvolvemento sostible
  • Tomar conciencia da necesidade dun consumo enerxético responsable e eficiente, ante o crecente aumento das necesidades enerxéticas

CONTIDOS:


  • A enerxía ao longo da historia
  • Discriminación das distintas formas de aproveitar a enerxía ao longo da historia
  • As fontes de enerxía:
    • Non renovables: uranio, petróleo, gas e carbón
    • Renovables: o sol, o mar, os ríos, o vento, a calor da terra, a biomasa
  • Análise das fontes de enerxía renovables e non renovables e das súas características principais
  • Análise da transformación das fontes de enerxía renovables presentes na natureza en enerxía eléctrica e calorífica
  • Concienciación sobre a importancia da enerxía na vida cotiá e o custo ambiental que supón
  • Actitude reflexiva e crítica acerca do uso e rendemento das fontes de enerxía
  • Coñecemento da montaxe e funcionamento dun parque eólico, estudos previos, produción e evacuación, así como dos seus distintos compoñentes
  • Aeroxeradores: tipoloxía, compoñentes, diferenzas tecnolóxicas...
  • Identificación de termos científicos asociados ás distintas tecnoloxías: colector plano, pitch control, etc.
  • Impacto ambiental
  • Análise do aproveitamento da fonte de enerxía solar e a comparación de rendementos das distintas novidades tecnolóxicas neste campo
  • A vivenda bioclimática como exemplificación real dun modelo de desenvolvemento tecnolóxico e sostible, potenciando un uso enerxético responsable
  • Reflexión sobre a importancia dunha construción arquitectonicamente eficiente de cara ao aforro enerxético
  • Funcionamento e comparativa do rendemento das tecnoloxías máis novidosas/innovadoras en enerxía renovable aplicadas á vida cotiá
  • A pila de combustible: características e funcionamento
  • Coñecemento do proxecto fundamentado en aproveitar o hidróxeno como almacén enerxético a partir da enerxía eólica
  • Recoñecemento das relacións existentes entre fontes de enerxía e os procesos de deterioración do medio e da calidade de vida
  • Curiosidade por coñecer distintos aspectos tecnolóxicos e a súa repercusión na calidade de vida e na conservación do medio
  • Introdución á mobilidade eléctrica
  • Valoración da necesidade dun consumo e utilización adecuada dos recursos naturais co fin de facilitar un desenvolvemento sostible no planeta
  • Gusto pola participación activa e cooperativa no desenvolvemento das distintas actividades

Obxectivos FP e Universidade

Obxectivos:


Englobamos neste apartado asociacións, familias, particulares e todo tipo de colectivos non pertencentes á educación formal. Os obxectivos, que se perseguen coas actividades de Sotavento para este tipo de grupos son:

  • Coñecer o concepto de enerxía e os seus diferentes usos ao longo da historia da humanidade
  • Coñecer as distintas formas de obtención de enerxía actuais así como o funcionamento, as características principais e as posibilidades reais que nos ofrecen as fontes de enerxía renovables
  • Coñecer a influencia da arquitectura bioclimática no aforro enerxético, estimulando un desenvolvemento sostible e un uso enerxético responsable
  • Identificar e valorar novas tecnoloxías e investigacións que se están a realizar en distintos ámbitos enerxéticos: mobilidade eléctrica, xestión da enerxía, etc.
  • Observar a aplicabilidade das distintas fontes de enerxía renovables na vida cotiá
  • Introdución á mobilidade eléctrica
  • Tomar conciencia da necesidade dun consumo de enerxía responsable e eficiente, ante o crecente aumento das necesidades enerxéticas
  • Fomentar a reflexión e o interese cara ao campo da enerxía e o medio

Obxectivos Outros Colectivos