Síguenos en Facebook
Síguenos en Twitter

Finalidades da Área

  • Potenciar o uso e coñecemento das fontes de enerxía renovables
  • Concienciar sobre a necesidade de aforro e a eficiencia enerxética
  • Posibilitar, polo tanto, un desenvolvemento sostible e o futuro do noso planeta
  • Divulgar novidades e avances tecnolóxicos
  • Dotar ao Parque dos equipamentos e proxección social necesaria para que sexa un centro atractivo e interesante para a poboación
  • Facilitar ás persoas que o visiten, a posibilidade de adquirir unha maior sensibilidade e conciencia da interrelación entre enerxía, esgotamento de recursos enerxéticos, benestar social e medio
  • Conseguir actitudes participativas na protección e mellora do medio, así como na utilización responsable da enerxía na vida diaria
  • Proporcionar aos visitantes capacidade de avaliación e análise da realidade enerxética que lles rodea, caracterizada polo esgotamento das fontes de enerxía tradicionais e a degradación que xeran no medio
  • Divulgar as novidades e avances tecnolóxicos que teñan lugar no terreo da produción enerxética

Finalidades da Área