Síguenos en Facebook
Síguenos en Twitter

Actividades

As actividades, ao igual que a duración da visita, concrétanse por anticipado mediante acordos entre os organizadores da visita e Sotavento.

Consideramos este contacto previo fundamental para o seu correcto desenvolvemento, dada a posibilidade de cambiar horarios, centrar as explicacións nos intereses e inquietudes dos participantes, etc. É por iso que Sotavento ofrece aos centros e colectivos a posibilidade de aclarar, propoñer ou suxerir calquera cambio sobre o desenvolvemento inicial das visitas, no número de teléfono 981 563 777.

As características fundamentais que pretendemos que definan as actividades propostas en Sotavento son:

  • Innovadoras
  • Lúdicas
  • Formativas
  • Adaptadas ás características do grupo

A duración das visitas varía entre as 2 e 6 horas en función das idades, inquietudes e nivel formativo dos participantes. Exemplos de programacións

Actividades 1

Actividades 2

Actividades 3

Actividades 4