Síguenos en Facebook
Síguenos en Twitter

Proxecto divulgativo

Nun mundo caracterizado polo esgotamento de recursos enerxéticos e polos graves problemas ambientais derivados dun excesivo consumo de enerxía, parece indicado tratar de tomar conciencia da necesidade de promover novos modelos de desenvolvemento que axuden a diversificar as fontes enerxéticas á vez que impulsen o aforro e o uso enerxético responsable. Nesta liña, o Proxecto Divulgativo de Sotavento pretende unha Educación Ambiental de calidade, interpretando o devandito concepto como a Didáctica a través da cal os individuos toman conciencia da repercusión das actividades humanas no medio, fomentando a reflexión dun uso responsable e eficiente dos recursos enerxéticos en particular e dos problemas ambientais en xeral. Sempre encamiñado a crear un compromiso individual de participación social, entendemos, como así se promulga dende a Unión Europea, que a Educación Ambiental é un elemento clave para o futuro do planeta.

Grazas a este Plan que comezou no 2002, a Fundación Sotavento Galicia converteuse nos últimos anos nun referente na divulgación e educación enerxética. As fontes de enerxía, a aposta pola eficiencia, o aforro enerxético e a súa interrelación coa problemática ambiental serían, en resumo, os bloques de contido nos que se asenta o proxecto.

Proxect Divulgativo