Síguenos en Facebook
Síguenos en Twitter

Exposicións

Carácter:

Temporal.

Período de Exposición:

Dende o 21 de marzo ata o 12 de maio de 2014.

Autor/a:

Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM).

Obxectivo:

Amosarnos os beneficios do aproveitamento da biomasa e cómo facer un uso sostible desta fonte de enerxía.

Breve Descrición:

A través de 9 paneis que compoñen esta exposición, o visitante poderá mergullarse na historia para ver cómo o ser humano se aproveitou sempre dos beneficios que nos ofrece a biomasa e cómo foi cambiando no uso da enerxía ao longo dos anos. Tamén nos amosa os diferentes tipos desta fonte enerxética e varios exemplos de usos forestais sostibles.

Carácter:

Temporal.

Período de Exposición:

Dende o 8 de novembro de 2013 ata o 20 de marzo de 2014.

Autor/a:

Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

Obxectivo:

Ofrecer unha visión amena, divulgativa e didáctica da Química.

Breve Descrición:

O contido da exposición ofrece unha primeira visión xeral da química e o seu papel central na ciencia, seguida dun repaso breve dos principais aportes realizados ao longo da historia. Un terceiro bloque, introdúcese na química en relación con grandes campos como o medio ambiente, a saúde, a enerxía e a alimentación, poñéndoos en relación coa investigación desenvolvida nos laboratorios españois.

Carácter:

Temporal.

Período de Exposición:

Dende o 2 de setembro ata o 7 de novembro de 2013.

Autor/a:

Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM).

Obxectivo:

Ser unha chamada de atención e un motivo de esperanza cara o necesario cambio de rumbo que o sector da construción está obrigado a emprender.

Breve Descrición:

A exposición está composta por 11 paneis que tratan múltiples aspectos sobre o ciclo de vida das edificacións como o deseño bioclimático dos edificios, materiais e técnicas construtivas, uso de enerxías renovables nos fogares, aforro e eficiencia enerxética, rehabilitación sostible dos edificios, etc.

Carácter:

Temporal.

Período de Exposición:

Dende o 22 de marzo ao 1 de setembro de 2013.

Autor/a:

Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

Obxectivo:

Introducir ao visitante no mundo da auga, dende as súas propiedades químicas ata o seu papel na historia e na civilización humana.

Breve Descrición:

A exposición consta de 21 paneis divididos en dous bloques. O primeiro, "Auga e Natureza", segue o curso do ciclo hidrolóxico e a súa relación co clima e cos ecosistemas. O segundo, "Auga e Sociedade", intérnase na influencia do ser humano no ciclo natural da auga, a súa contaminación, solucións para o acceso á auga potable e a relación deste recurso coa historia, a saúde e a tecnoloxía.

A Esfera da Auga
Carácter:

Temporal.

Período de Exposición:

Dende o 14 de febreiro ata o 21 de marzo de 2013.

Autor/a:

Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

Obxectivo:

Ofrecer ao visitante unha perspectiva global sobre a situación enerxética mundial e as novas tecnoloxías que se están a investigar para conseguir unha electricidade e un transporte máis limpos.

Breve Descrición:

A través de 20 paneis danse a coñecer diferentes modos de produción de enerxía como a enerxía atómica de fusión, solar térmica de concentración, cela de combustible, etc. Tamén se fai fincapé na situación enerxética concreta de España e inclúe consellos e medidas que se poden levar a cabo para contribuír ao cambio de modelo enerxético.

A Enerxía móvenos
Carácter:

Temporal.

Período de Exposición:

Maio de 2012.

Autor/a:

Departamento de Divulgación de Sotavento.

Obxectivo:

Achegar ao visitante a importancia do vento na nosa Comunidade a través da literatura galega.

Breve Descrición:

A través da exposición realizada en soporte audiovisual, os visitantes van descubrindo a relación entre o vento e a poesía de autores galegos a través de fragmentos das súas obras, estas están a disposición para consulta na biblioteca do centro. A maioría destes autores foron conmemorados con motivo das Letras Galegas.

O vento nas Letras Galegas
Carácter:

Temporal.

Período de Exposición:

Dende novembro de 2011 ata setembro de 2012.

Autor/a:

Departamento de Divulgación de Sotavento.

Obxectivo:

Servir como mostra para comprender mellor o transcurso dunha pequena parte da historia da electricidade mediante unha breve viaxe a través dos descubridores dos conceptos básicos desta parte da física.

Breve Descrición:

Ademais de paneis e obxectos relacionados con cada un deles, un reprodutor de audio acompaña ao visitante durante toda a mostra, podendo escoitar unha breve recensión sobre a importancia de diferentes personaxes ao longo da historia da electricidade.

Audio-exposición "Os inventores da electricidade"
Carácter:

Temporal.

Período de Exposición:

Ano 2011.

Autor/a:

Benito Lourido Nieto, Bernardo Cortijo Correas, José Ignacio Hermida Bermúdez, Ana Belén Álvarez López, Irene Derungs Ollero, Ana Ginzo Villamayor.

Obxectivo:

Incentivar distintas iniciativas relacionadas co mundo das enerxías renovables en xeral e coa idea de Sotavento en particular e utilizar este material como parte dos contidos do Parque.

Breve Descrición:

Experiencias: Maqueta solar construída principalmente con materiais reciclados. Fotografías: varias fotografías presentadas ao Certame, cuxo tema central é o Parque Eólico Experimental Sotavento e nas que, dende diferentes enfoques, se mostra a calidade fotográfica e a creatividade dos seus autores.

Obras presentadas ao IX Certame Renovable
Carácter:

Temporal.

Período de Exposición:

Do 1 de xullo ao 31 de agosto de 2011.

Autor/a:

Nieves Díaz Fernández.

Obxectivo:

Achegar ao visitante dunha forma orixinal, diferente e amena ás matemáticas, así como mostrarnos as simetrías da natureza a través do ollo fotográfico.

Breve Descrición:

A través de 63 láminas de 42 x 32 cm (unha de presentación, dúas de descricións e 60 fotografías), móstrannos as simetrías da natureza a través do ollo fotográfico. A mostra permítenos descubrir o que é capaz de ver o ollo guiado por unha mente instruída nas matemáticas. A autora, profesora desta "ciencia das ciencias", móstranos dende a fotografía, como poden manifestarse as formas xeométricas no noso entorno. Achega así a natureza, arquitectura e obxectos cotiáns ao visitante dunha forma orixinal, diferente e amena.

Unha Mirada Matemática
Carácter:

Temporal.

Período de Exposición:

Do 1 de Febreiro ao 4 de Marzo de 2011.

Autor/a:

Grupo interdisciplinar de nove persoas de distintos centros de investigación, entre elas as comisarias Josefina Ling e Eulalia Pérez Sedeño.

Obxectivo:

Achegar ao visitante dunha forma orixinal, diferente e amena á Astronomía, dando a coñecer distintos campos desta ciencia.

Breve Descrición:

A través dunha serie de paneis faise un percorrido polos principais fitos da astrofísica onde o papel da muller foi fundamental dende a antigüidade ata os nosos días. O descubrimento dos púlsares, a estrutura a grande escala do Universo, ou a medida das distancias estelares son explicadas dun xeito divulgativo e ameno.

Consta de 13 paneis, o primeiro de presentación, 9 dedicados aos conceptos astronómicos, dous á contextualización histórica e a mostrar a relación entre astronomía e cultura e un que recompila os nomes de 116 astrónomas españolas.

Con A de Astrónomas
Carácter:

Temporal.

Período de Exposición:

Ano 2010.

Autor/a:

Miguel García Irimia, Rebeca Tizón Rey, Víctor Schäfer Freire, Aitor Eimil Fernández, Mónica Pereira Saqués, Antía Rana Rivas, Concha Quintela Rego, Diego Fernández Somoza, Francisco González Dopico.

Obxectivo:

Promover a experimentar con enerxías renovables e coas construcións bioclimáticas.
Fomentar a creatividade fotográfica e utilizar estes materiais como parte dos contidos do Parque.

Breve Descrición:

Experiencias: maqueta a escala 1:10 dunha vivenda bioclimática construída en madeira, granito e materiais da zona. Galería e ventás orientadas ao Sur, co fin de quentar e iluminar a vivenda de forma natural. Fachadas illadas con la de rocha e calefacción por chan radiante. Unha instalación solar fotovoltaica achega enerxía para a iluminación de dous leds e o funcionamento dun ventilador de teito. Fotografía: máis de 25 fotografías presentadas ao certame, cuxo tema central é o Parque Eólico Experimental Sotavento, e nas que, dende diferentes enfoques, se mostra a calidade fotográfica e a creatividade dos seus autores.

Obras Presentadas ao VIII Certame Renovable
Carácter:

Temporal.

Período de Exposición:

Do 17 ao 23 de maio de 2010, con motivo da celebración dos “European Solar Days 2010” en Sotavento.

Autor/a:

Departamento de Divulgación Sotavento.

Obxectivo:

Mostrar pequenos xoguetes e maquetas eléctricas con fins lúdicos que funcionan con placas fotovoltaicas alimentadas polo Sol.

Breve Descrición:

Máis dunha decena de maquetas decorativas e pequenos xoguetes accionados mediante placas solares fotovoltaicas volven a expoñerse en Sotavento con motivo da Semana Solar Europea 2010. A mostra inclúe maquetas de aeroxeradores, muíños hidráulicos, bicicletas, reloxos, carruseis, etc.

Maquetas e Xoguetes Solares II
Carácter:

Temporal.

Período de Exposición:

Do 15 de marzo ao 22 de xullo de 2010.

Autor/a:

Margarita Cimadevila.

Obxectivo:

Mostrar a relación entre Ciencia e Arte mediante unha temática moi variada na que se representan campos da física, química, bioloxía, matemáticas e astronomía.

Breve Descrición:

A autora galega Margarita Cimadevila, licenciada en Ciencias Químicas e artista, pretende plasmar nesta obra de doce lenzos os seus dous mundos, Ciencia e Arte. Esta obra rende homenaxe a mulleres científicas da Historia que, a pesar de realizar un traballo memorable, foron ignoradas ou relegadas a un segundo plano a favor dos seus compañeiros ou competidores varóns. Cada lenzo vai acompañado, ademais, dunha breve explicación científica e dunha nota biográfica.

Ciencia EX AEQUO
Carácter:

Temporal.

Período de Exposición:

Do 24 de febreiro ao 5 de abril de 2010, con motivo do Día Mundial da Terra.

Autor/a:

Ministerio de Medio Ambiente.

Obxectivo:

Cuestionar as ideas preconcibidas sobre medioambiente e desenvolvemento, sensibilizar sobre a importancia dos recursos naturais dos que dispoñemos, promover hábitos e comportamentos responsables co consumo racional da auga e coñecer as distintas fontes de enerxía renovables.

Breve Descrición:

8 paneis condúcennos por un camiño no que se prima o uso de enerxías limpas, o consumo responsable, a redución dos residuos, o reciclado, o comercio xusto e solidario, unha agricultura máis acorde co medio, o respecto a outras culturas,...

Desenvolvemento Soste… Que?
Carácter:

Temporal.

Período de Exposición:

Do 25 de xaneiro ao 23 de febreiro de 2010, con motivo do Día Mundial da Eficiencia Enerxética.

Autor/a:

Ministerio de Medio Ambiente.

Obxectivo:

Sensibilizar sobre a importancia de avanzar cara a un mundo sostible, cuestionar as ideas preconcibidas sobre medio e desenvolvemento, sinalar alternativas eficaces de boas prácticas ambientais e promover hábitos e comportamentos favorables ao desenvolvemento sostible.

Breve Descrición:

A través de 14 paneis preséntase un xornal en formato de exposición, onde se reflicte o traballo de centos de persoas, traballando pola súa propia conta ou dende algunha institución, por dar solucións concretas a problemas reais, sobre o panorama negativo do noso planeta.

As Nosas Propias Solucións
Carácter:

Temporal.

Período de Exposición:

Do 24 de xullo ao 31 de decembro de 2009.

Autor/a:

Red Eléctrica de España.

Obxectivo:

Achegar e explicar á cidadanía como se manifesta, produce e transporta a electricidade, como se operan os sistemas e en definitiva, que pasa coa electricidade dende que se xera ata que chega ás nosas casas.

Breve Descrición:

A través dunha gran variedade de módulos interactivos e pezas reais, que ocupan 500 metros cadrados, faise un profundo percorrido pola historia, xeración, e transporte de electricidade. Tamén mediante vídeos e diversas reproducións se mostra o traballo de REE, como é a rede de alta tensión española, que é o Centro de Control Eléctrico (Cecoel) e como podería ser o futuro da enerxía coa denominada "supercondutividade". Ademais, hai espazo para explicar os traballos de REE no ámbito do medio, por exemplo na protección das aves.

Unha Autopista detrás do Enchufe
Carácter:

Temporal.

Período de Exposición:

Ano 2009.

Autor/a:

Arsenio Paz Cibreiro, Javier Blanco Otero, Diego Fernández Somozas, Antonio Valín Valdés, María Dolores Prado Rouco, María López Novo, Manuel López Novo, Paula Gómez del Valle e Gómez, Francisco González Dopico, Monica Pereira Saqués, Javier Fuentes Pena, Noemí Parga López, Diego López Fernández.

Obxectivo:

Promover a experimentación con enerxías renovables, especialmente nesta edición aqueles experimentos que teñan relación coa construción bioclimática; fomentar a creatividade fotográfica. Utilizar estes materiais como parte dos contidos do Parque.

Breve Descrición:

Experiencias: maqueta dunha vivenda tradicional galega, construída en madeira e lousa orixinaria da zona. Galería e ventás orientadas ao Sur, co fin de quentar a vivenda de forma natural. Inclúe pequena instalación de enerxía solar fotovoltaica que recarga unhas baterías destinadas a alimentar a iluminación interior da maqueta. Fotografía: máis dunha trintena de fotografías presentadas ao certame, cuxo tema central é o Parque Eólico Experimental Sotavento, e nas que dende diferentes enfoques, se mostra a calidade fotográfica e a creatividade dos seus autores.

Obras presentadas ao VII Certame Renovable
Carácter:

Temporal.

Período de Exposición:

27 de maio ao 31 de xullo de 2009.

Autor/a:

Wolfgang Trettnak.

Obxectivo:

Fusionar ciencia e arte, mediante a mestura de elementos electrónicos con peixes que posúen propiedades eléctricas, luminiscentes, etc., pintados con acrílicos sobre lenzo.

Breve Descrición:

Unha decena de cadros nos que aparecen representados distintas especies de peixes mesturados con compoñentes electrónicos como placas, circuítos, díodos, etc. As distintas especies representadas corresponden a animais acuáticos con dous tipos de calidades. Por un lado peixes eléctricos que utilizan a electricidade como medio de comunicación, orientación, cortexo, caza ou defensa e por outro aqueles que posúen propiedades bioluminiscentes que utilizan para atraer ás presas, como camuflaxe, iluminación, etc. Cada obra conta cunha lenda onde se explica a idea plasmada no cadro.

Peixes Electrónicos
Carácter:

Temporal.

Período de Exposición:

Do 12 ao 22 de maio de 2009, con motivo da celebración dos “European Solar Days” en Sotavento.

Autor/a:

Departamento de Divulgación Sotavento.

Obxectivo:

Mostrar pequenos xoguetes e maquetas eléctricas con fins lúdicos que funcionan con placas fotovoltaicas alimentadas polo Sol.

Breve Descrición:

Máis dunha decena de maquetas decorativas e pequenos xoguetes accionados mediante placas solares fotovoltaicas. A mostra incluía maquetas de helicópteros, avionetas, carros de golf, muíños, carruseis, etc.

Maquetas e Xoguetes Solares
Carácter:

Temporal.

Período de Exposición:

23 de marzo ao 30 de abril de 2009, con motivo da celebración do Día Meteorolóxico Mundial en Sotavento.

Autor/a:

Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Obxectivo:

Coñecer conceptos básicos do tempo meteorolóxico e os factores que poden influílo.

Breve Descrición:

Composta por máis dunha decena de paneis explicativos, nos que se ilustran conceptos básicos do tempo meteorolóxico que aparecen a diario nas nosas vidas (nubes, mapas do tempo, tormentas, climas, instrumentos de medida, etc.). Tamén se realiza un achegamento a factores esenciais do clima da Terra como é o efecto invernadoiro.

Descubrindo o Tempo
Carácter:

Temporal.

Período de Exposición:

Do 15 de xuño ao 15 de setembro de 2008.

Autor/a:

Museo de Arte Contemporáneo de Unión Fenosa (MACUF) e a Fundación Sotavento Galicia.

Obxectivo:

Terceira e última entrega do ciclo de exposicións encamiñadas a conmemorar acontecementos históricos pouco coñecidos relacionados coa electricidade e resaltar a importancia de Galicia na aparición e o desenvolvemento da electricidade en España.

Breve Descrición:

Na mostra inclúense instalacións reais de antigos sistemas de produción eléctrica, diversos grupos motores e xeradores das primeiras centrais hidráulicas galegas datadas do ano 1904, a góndola restaurada dun vello aeroxerador de 15 kW de potencia, a maqueta dunha central nuclear, diverso material eléctrico e numerosa documentación gráfica.

Instalaciones e Maquetas Eléctricas: Presente e Pasado
Carácter:

Temporal.

Período de Exposición:

Do 15 de maio ao 15 de xuño de 2008.

Autor/a:

Museo de Arte Contemporáneo de Unión Fenosa (MACUF) e a Fundación Sotavento Galicia.

Obxectivo:

Trátase da segunda entrega da serie de exposicións que pretenden resaltar a importancia da aparición e o desenvolvemento da electricidade en Galicia durante o século pasado.

Breve Descrición:

A mostra consta de máis dunha vintena de aparatos de medición eléctrica empregados durante varias décadas do século XX. Diversos amperímetros, vatímetros, voltímetros e outras pezas de grande interese completan a exposición.

Exposición de Aparatos Antigos de Medición Eléctrica
Carácter:

Temporal.

Período de Exposición:

Do 1 ao 30 de abril de 2008.

Autor/a:

Museo de Arte Contemporáneo de Unión Fenosa (MACUF) e a Fundación Sotavento Galicia.

Obxectivo:

Conmemorar acontecementos históricos pouco coñecidos, e que situaron a Galicia na vangarda da investigación eléctrica. Así, a noite do 2 de Abril de 1851, no patio do Colexio de Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela, o profesor monfortino Antonio Casares, acendeu por primeira vez un arco voltaico. Desta forma, utilizouse por primeira vez en España a luz eléctrica. Esta mostra constitúe a primeira entrega dunha serie formada por tres exposicións.

Breve Descrición:

A mostra conta con varias ducias de pezas, entre as que se inclúen unha gran variedade de lámpadas eléctricas, quinqués, candís, cableado, portalámpadas e interruptores do século pasado, ademais de diversa documentación sobre os feitos máis importantes que deron lugar á aparición da luz eléctrica en Galicia.

Sistemas de Iluminación Antigos
Carácter:

Temporal.

Período de Exposición:

Do 1 ao 31 de marzo de 2008.

Autor/a:

Ministerio de Medio Ambiente e a Fundación Sotavento Galicia.

Obxectivo:

Exposta con motivo do día Mundial da Eficiencia Enerxética pretende:

  • Sensibilizar sobre a importancia de avanzar cara a un mundo sostible.
  • Cuestionar as ideas preconcibidas sobre medio ambiente e desenvolvemento.
  • Sinalar alternativas eficaces de boas prácticas ambientais.
  • Promover hábitos e comportamentos favorables ao desenvolvemento sostible.

 

Breve Descrición:

A través de 20 paneis e varias maquetas interactivas, levando como fío condutor temas de enerxía, auga e biodiversidade, establécense relacións coas actividades cotiás e móstranse respostas positivas para facer posible un mundo mellor. Para o seu mellor aproveitamento elaborouse en Sotavento un material didáctico específico.

“El Mundo que Tenemos, ¿Podemos Mejorarlo?”
Carácter:

Temporal.

Período de Exposición:

Do 3 de xaneiro ao 3 de marzo de 2008.

Autor/a:

CERN.

Obxectivo:

Dar a coñecer o CERN, primeiro laboratorio mundial de investigación en física de partículas.

Breve Descrición:

Mediante pequenos paneis dáse a coñecer este laboratorio mundial da física. O CERN encóntrase en Suíza, preto de Xenebra, e próximo á fronteira con Francia. Conta cunha serie de aceleradores de partículas entre os que destaca o, xa desmantelado, LEP (Large Electron-Positron Collider, Gran Colisionador Electrón-Positrón) de 27 km de circunferencia e que constitúe a máquina máis grande xamais construída. Fotos e datos deste laboratorio fixeron as delicias dos visitantes interesados en coñecer esta espectacular instalación.

O CERN: Laboratorio Mundial de Investigación en Física
Carácter:

Temporal.

Período de Exposición:

Do 3 de xaneiro ao 3 de marzo de 2008.

Autor/a:

Margarita Cimadevila.

Obxectivo:

Mostrar a relación entre Ciencia e Arte. Na mostra poden observarse diversas obras nas que se plasman principios, leis e ecuacións de Física e Química. Cada obra inclúe unha breve explicación do feito físico-químico no que se inspira, intentando divulgar dunha forma artística o traballo científico.

Breve Descrición:

A autora inspírase nos principios, ecuacións e leis do mundo da Física e a Química para presentar 14 lenzos de formato 100 x 100 cm. e técnica mixta. Cimadevila, docente de Física e Química e artista, une os seus dous mundos na súa obra pictórica, para presentar esta proposta na que Ciencia e Arte se mesturan.

“SCIENCE & ART”: Ciencia e Arte
Carácter:

Temporal.

Período de Exposición:

Do 11 de agosto ao 31 de outubro de 2007.

Autor/a:

Club de aeromodelismo "Los diablos" de Begonte.

Obxectivo:

Afondar na capacidade do home de aproveitar o vento en beneficio propio, reflexionar sobre os importantes avances propiciados pola ansia da humanidade por conquistar os ceos e coñecer os principios básicos do voo dos avións e helicópteros.

Breve Descrición:

A mostra incorpora numerosos modelos de avións e helicópteros de acrobacia, reproducións exactas de modelos históricos, modelos de competición en distintas modalidades, así como unha completa información sobre o funcionamento, características de voo e manexo. En total 12 aparatos entre os que se encontran o campión e subcampión galego e o terceiro clasificado a nivel estatal na modalidade de acrobacia.

Exposición de Aeronaves
Carácter:

Temporal.

Período de Exposición:

Do 12 de xullo ao 30 de novembro de 2007.

Autor/a:

"Obradoiro de Maquetas" do Centro de Educación e Promoción de Adultos do Centro Penal de Bonxe.

Obxectivo:

Completar os contidos ofrecidos pola Fundación Sotavento encamiñados a divulgar as posibilidades das enerxías renovables, facilitando as relacións entre o funcionamento pasado e presente dos sistemas de aproveitamento enerxético das fontes naturais: vento, ríos e mares.

Breve Descrición:

A mostra está composta por batáns, muíños de mareas, ferrarías, serras de auga, etc. En total, 6 pezas de gran calidade onde se reproducen detalladamente o funcionamento de antigos sistemas de aproveitamento enerxético renovable. O Centro Penal de Bonxe realiza estes talleres coa finalidade de vincular aos internos con actividades educativas, aprender cousas sobre a nosa cultura e ao tempo ofrecer unha ocupación positiva do tempo libre na prisión.

"Maquetas de Sistemas de Aproveitamento Enerxético Tradicional"
Carácter:

Temporal.

Período de Exposición:

Do 1 ao 31 de marzo de 2007.

Autor/a:

Ministerio de Medio Ambiente e a Fundación Sotavento Galicia

Obxectivo:

Reflexionar sobre os impactos, causas e as posibles solucións do cambio climático.

Breve Descrición:

Composta por paneis, maquetas, un caixón interactivo e un xogo do "consumo", os visitantes poden realizar distintas actividades relacionadas co cambio climático. Non esquezamos que como protagonistas de "emisións difusas" (producidas en concepto de consumo de enerxía no fogar e transporte), somos responsables directos do 30% das emisións de CO2.

"Clarity"
Carácter:

Temporal.

Período de Exposición:

Do 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2007.

Autor/a:

Área divulgativa da Fundación Sotavento Galicia e Caixa Nova.

Obxectivo:

Destacar un período histórico onde a humanidade empregou estes aparatos voadores para distintos fins relacionados coa publicidade, a fotografía aérea, a guerra, experimentos científicos e a ansia de voar.

Breve Descrición:

Composta por 12 reproducións dos papaventos máis significativos dende o punto de vista do uso para o que foron concibidos. Destacan os papaventos empregados para fins publicitarios, antiaéreos, de salvamento marítimo, de sinais, meteorolóxicos, etc. Cada reprodución vai acompañada dun panel explicativo que inclúe o inventor, usos, características, data e lugar de invención do papaventos e outras curiosidades. Unha publicación completa a mostra situada no miradoiro da Aula Divulgativa.

Papaventos con Historia
Carácter:

Temporal.

Período de Exposición:

Tercer cuatrimestre de 2006.

Autor/a:

Instituto Enerxético de Galicia (INEGA).

Obxectivo:

Dar a coñecer as distintas transformacións enerxéticas e tomar conciencia da necesidade dun consumo responsable.

Breve Descrición:

Unha completa panelería asistida por maquetas e elementos enerxéticos reais exemplificaba o funcionamento dos distintos aproveitamentos enerxéticos.

Exposición A Través das Enerxías
Carácter:

Temporal.

Período de Exposición:

Segundo cuadrimestre de 2006.

Autor/a:

UNESCO, Fundació Territori i paisatge e a Obra Social de Caixa Catalunya .

Obxectivo:

Dar a coñecer a importancia da conservación e bo uso dos recursos hídricos.

Breve Descrición:

A través da exposición os visitantes puideron entender mellor a importancia do bo uso da auga. Unha guía didáctica facilitaba o traballo pedagóxico da mostra.

A Agua no Século XXI
Carácter:

Temporal.

Período de Exposición:

Do 27 de febreiro ao 5 de marzo de 2006 con motivo do día Mundial da Eficiencia Enerxética, Sotavento realizou a I Semana de Eficiencia Enerxética.

Autor/a:

Ministerio de Medio Ambiente e a Fundación Sotavento Galicia.

Obxectivo:

Dar a coñecer as conclusións de Johannesburgo e tomar conciencia da necesidade dun consumo responsable.

Breve Descrición:

Os visitantes poderán realizar distintas actividades relacionadas co uso eficiente da enerxía. Mediante instalacións reais, paneis, aplicacións para calcular o consumo doméstico, proxeccións audiovisuais e consellos destinados ao aforro enerxético en xeral, Sotavento aborda este tema tan importante para a futura sostibilidade do noso Planeta.

I Semana Eficiencia Energética Sotavento 2006
Carácter:

Temporal-Permanente.

Período de Exposición:

Con motivo do día Mundial da Agua 2006.

Autor/a:

Departamento de Divulgación Sotavento.

Obxectivo:

Coñecer o ciclo da auga e tomar conciencia do desequilibrio que os nosos actos causan neste.

Breve Descrición:

En Galicia non existe unha cultura de uso racional deste ben tan prezado e importante para a vida dos seres vivos, quizais porque consideramos a auga abundante e inacabable. A través desta mostra, Sotavento pretende concienciar sobre o seu uso responsable utilizando como fío condutor a Carta Europea da Auga. A mostra estaba composta por:

  • Proxeccións audiovisuais
  • Consellos para o aforro de auga nos nosos fogares
  • Cálculo do consumo hídrico persoal
  • Exemplos de produtos reais eficientes existentes no mercado
  • Paneis explicativos e trípticos
A gota que nos dá a vida
Carácter:

Temporal.

Período de Exposición:

Ano 2006.

Autor/a:

Juan Parga.

Obxectivo:

Coñecer os usos tradicionais das fontes naturais para a realización de actividades musicais e lúdicas.

Breve Descrición:

A exposición mostra distintas formas de aproveitamento de recursos naturais e materiais de reciclaxe para a creación de sons mediante o vento: turutas, zoadeiras, chifres e asubíos son algúns deles. A mostra conta con reprodutores de cd's onde o visitante ten a opción de reproducir sons reais dalgúns dos curiosos instrumentos. Ademais, un conxunto de paneis fotográficos recollen todo tipo de instrumentos tradicionais do mundo, pertencentes á colección persoal de Juan Parga. Unha proposta de actividades e xogos facilitan o traballo didáctico desta exposición composta por máis de 25 instrumentos.

Instrumentos tradicionais de vento
Carácter:

Permanente.

Período de Exposición:

Dende o ano 2005.

Autor/a:

Fundación Sotavento Galicia.

Obxectivo:

Tomar contacto co texto cervantino, do que se cumpría o 400 aniversario pero tamén coa instalación de enerxías renovables en Galicia.

Breve Descrición:

Como argumento establécese que en 26 capítulos das dúas partes do libro, Don Quixote e Sancho teñen como conversación principal o vento. Con este fío condutor a exposición relaciona estas conversacións entre os dous principais personaxes do libro, coa enerxía eólica e as enerxías renovables.

O Quixote e o vento
Carácter:

Permanente.

Período de Exposición:

Dende o ano 2005.

Autor/a:

Departamento de Divulgación Sotavento.

Obxectivo:

Coñecer as especies vexetais típicas das zonas montañosas galegas, as súas características e usos tradicionais.

Breve Descrición:

O herbario componse de 24 paneis-expositores de grandes dimensións onde se inclúe a seguinte información:

  • Nome ou nomes comúns da planta xunto coa súa denominación botánica en latín.
  • Foto do exemplar na súa zona de crecemento.
  • Breve decrición das características da planta: cor das flores, forma da folla, dimensións, época de floración, hábitat no que se atopa, etc.
  • O propio exemplar debidamente prensado e disecado.
  • Un apartado de "Curiosidades" onde se explican os usos tradicionais, propiedades curativas, lendas, aplicacións industriais, etc.
  • Localización da especie no Parque, cun mapa de distribución onde se observa a súa presenza na área de estudo.
  • Etiqueta botánica, na que se realiza unha clasificación da planta: división, clase, subclase, orde, familia...

Neste tamén se incluíron algunha das especies pertencentes ao ensaio-demostración de biomasa que, mediante cultivos enerxéticos, realiza a Universidade de Santiago en Sotavento.

Herbario de Sotavento
Carácter:

Temporal.

Período de Exposición:

Ano 2005.

Autor/a:

Instituto de Historia e Cultura Naval da Armada Española.

Obxectivo:

Mostrar as utilizacións tradicionais dos ventos galegos, precursoras do aproveitamento enerxético actual.

Breve Descrición:

Destacan, dende os galeóns dedicados ao comercio dentro das nosas rías, as antiquísimas e típicas dornas, sen esquecer bucetas, palangreiras, pulpeiros, volanteiras, etc. As maquetas, algunhas das cales, alcanzan os dous metros de eslora, dispoñen de material adicional que explica a súa historia, construción, tipo de velas e mesmo manuscritos do século pasado referidos á súa utilización nas distintas artes de pesca. A exposición complétase cunha rigorosa reprodución do buque escola Juan Sebastián de Elcano, merecedora da medalla de prata nun Certame Internacional organizado polo Grupo Escala de modelismo.

Barcos de vela tradicionais de cabotaxe e pesca artesanal
Carácter:

Temporal-Permanente.

Período de Exposición:

Dende o ano 2005.

Autor/a:

Juan Bello e a Fundación Terra.

Obxectivo:

Concienciar sobre a posibilidade real que o aproveitamento do sol ten dentro da nosa Comunidade.

Breve Descrición:

Destacan na mostra, un concentrador capaz de superar os 1.000 ºC fabricado cun faro dun automóbil, un pasteurizador solar, duchas solares, así como diversas cociñas e fornos solares que nos ofrecen a posibilidade de cociñar a un custo ambiental e económico nulo. A exposición complétase cunha cociña solar parabólica, cedida pola Fundación Terra, capaz de cociñar alimentos a 200 ºC. Segundo esta fundación, no mundo consúmese 1.000 millóns de m3 de leña en cociñar. Esta presión sobre os bosques provoca deforestación, desertización e alteracións climáticas. A cociña solar é unha alternativa real a estes problemas.

Enxeños Solares
Carácter:

Permanente.

Período de Exposición:

Dende o ano 2005.

Autor/a:

Museo de Hª Natural Luis Iglesias da Universidade de Santiago de Compostela.

Obxectivo:

Mostrar a variedade de rochas sobre as que se asenta Galicia, destacada xeoloxicamente pola súa variedade e antigüidade.

Breve Descrición:

No extremo occidental do Macizo Ibérico afloran os materiais xeolóxicos máis antigos da Península. Recollidos, catalogados e colocados ao longo dunha Ruta exterior no Parque Eólico Sotavento, o visitante pode, en aproximadamente un quilómetro, visualizar as pedras máis significativas de Galicia caracterizadas por idade e lugar de procedencia. Se as condicións climáticas non invitan ao paseo unha mostra de man situada no interior das instalacións do Parque facilitarán a aproximación á xeoloxía galega. Trípticos e materiais para o seu traballo didáctico completan a denominada "Ruta das Pedras".

A Ruta das Pedras
Carácter:

Permanente.

Período de Exposición:

Dende o ano 2004.

Autor/a:

Departamento de Divulgación Sotavento.

Obxectivo:

Relacionar o aproveitamento eólico do pasado cos modernos aeroxeradores do Parque. Coñecer a evolución dos muíños e aeroxeradores ata os nosos días.

Breve Descrición:

Un percorrido polos distintos modelos, formas e funcionamento dos muíños máis significativos da historia invítanos a relacionar presente e pasado do aproveitamento eólico. Formada por fotografías de 24 aeroxeradores, comeza co muíño de Herón de Alexandría e remata o seu percorrido cos modernos aeroxeradores instalados no mar. Un libro xigante coa súa historia, esquemas e descrición completan esta mostra situada na aula divulgativa do Parque.

Muíños do Mundo
Carácter:

Temporal.

Período de Exposición:

Ano 2004.

Autor/a:

Colexio Belesar, IES Agra do Orzán, IES Agra de Leborís, IES Illa de San Simón, IES Mª Sarmiento.

Obxectivo:

Promover a experimentación con enerxías renovables nos Centros Educativos. Utilizar estes proxectos como parte dos contidos do Parque.

Breve Descrición:

Aeroxeradores tripala, de eixe vertical, turbinas hidráulicas, captadores solares, concentradores solares con e sen seguidor, e ata un parque eólico completo, son algúns dos experimentos e proxectos presentados aos Certames de Premios Renovables que, anualmente, convoca Sotavento.
Estes obradoiros espertan grande interese nos visitantes que encontran neles maior facilidade para a compresión de máquinas máis complexas.

Experiencias Participantes Certames Renovables
Carácter:

Temporal.

Período de Exposición:

Ano 2004.

Autor/a:

Máis de 2.000 alumnos e alumnas de primaria.

Obxectivo:

Achegar a visión que os nenos e nenas posúen das enerxías renovables tras a visita ás nosas instalacións.

Breve Descrición:

O gran número de nenos e nena que visitaron as instalacións do Parque foron os verdadeiros protagonistas e autores desta exposición realizada durante o verán de 2004. Máis de 2.000 debuxos foron expostos na base dos aeroxeradores do parque a razón de 100 debuxos por máquina. Posiblemente foi a mostra de arte infantil máis grande xamais realizada en Galicia utilizando como soporte os fustes dos aeroxeradores.

Exposición de debuxos
Carácter:

Temporal.

Período de Exposición:

Ano 2002.

Autor/a:

Gonzalo Rascado.

Obxectivo:

Mostrar as solucións enerxéticas do pasado, usos e aplicacións relacionándoas coa actualidade.

Breve Descrición:

Mostra composta por distintas maquetas que representan o uso tradicional das enerxías renovables en Galicia. Pódese observar o funcionamento real de batáns, fraguas, muíños hidráulicos e de vento, serradoiros, etc. Van dirixidas a aquelas persoas interesadas en coñecer ou recordar antigas instalacións tradicionais de aproveitamento das enerxías renovables.

Enerxías do pasado
Carácter:

Temporal.

Período de Exposición:

Ano 2002.

Autor/a:

Adela Leiro

Obxectivo:

Completar os contidos relacionados co funcionamento e características principais das enerxías renovables e non renovables existentes no parque.

Breve Descrición:

Cedida pola profesora Adela Leiro do IES Francisco Asorey de Cambados, realiza unha viaxe a través das enerxías renovables e non renovables mostrando unha ampla información sobre cada unha delas en 14 paneis de gran formato e espectacular deseño.

As enerxías renovables
Carácter:

Permanente

Período de Exposición:

Dende o ano 2001.

Autor/a:

Sotavento Galicia, S.A.

Obxectivo:

Humanizar as zonas do parque con significado, usando materiais reutilizados. Divulgar de maneira lúdica a cultura xerada do vento.

Breve Descrición:

Utilizando materiais reutilizados da Central Térmica de As Pontes realizáronse distintas esculturas pintadas coas seis cores que identifican as seis enerxías renovables. Arpas, macrofrautas, buzios, trompetas e mangas de grandes dimensións, son algúns dos elementos situados na zona exterior do Parque e que completan esta Ruta do Vento de aproximadamente catro quilómetros de lonxitude.

A Ruta do Vento
Carácter:

Temporal.

Período de Exposición:

Ano 2003.

Autor/a:

Adepro e Sotavento Galicia, S.A.

Obxectivo:

Dar a coñecer, de forma sinxela, o funcionamento de centrais de produción eléctrica de gran complexidade.

Breve Descrición:

Formada por un túnel de vento, un pequeno aeroxerador, turbinas hidráulicas, pilas de combustible e outros exemplos de xeración e acumulación eléctrica. As maquetas, de pequenas dimensións, exemplificaban á perfección o complexo proceso de xeración eléctrica mediante o vento e a auga.

Enxeños eólicos e hidráulicos