Síguenos en Facebook
Síguenos en Twitter

Recursos Materiais

Formado por unha gran cantidade de paneis, maquetas, instalacións reais, material audiovisual e publicacións; destacan fundamentalmente:

Maquetas e Kits Enerxéticos


Variado equipamento que intenta explicar de xeito práctico e sinxelo distintos fenómenos enerxéticos.

maquetas e kits enerxéticos

Instalacións Renovables Reais


As propias instalacións enerxéticas existentes forman parte dos recursos educativos cos que contan os visitantes. As instalacións dos proxectos de investigación que se desenvolven no parque tamén conforman o material didáctico.

instalacións renovables

Paneis


Distintos paneis tratan de dar resposta a cuestións relacionadas coas fontes enerxéticas, co seu aproveitamento, vantaxes, inconvenientes, etc.

Paneis

Aplicacións Informáticas


De deseño exclusivo e elaboradas sobre a base da retroalimentación cos visitantes, permiten de forma interactiva acceder a datos en tempo real, históricos, calculadoras de consumo, extrapolacións, etc.
(+ info)

aplicacións informáticas

Material Audiovisual


Vídeos de curta duración que explican as enerxías renovables en xeral e cada unha delas en particular.

Material audiovisual

Publicacións


Distintas publicacións con diferentes temáticas realizadas co fin de reforzar e facilitar o labor formativo.

publicacións 1

publicacións 2

publicacións 3

publicacións 4

Obradoiros


Outros dos recursos empregados asiduamente que permiten a adquisición de conceptos mediante a manipulación.

obradoiros 1

obradoiros 2

Xogos Avaliativos


Afondando na versión lúdica da adquisición de coñecementos, distintos xogos permiten conseguir este obxectivo ao tempo que se avalía a eficacia das propostas.

xogos avaliativos 1

xogos avaliativos 2