Síguenos en Facebook
Síguenos en Twitter

Recursos Humans

O Parque Eólico Experimental Sotavento dispón dun equipo multidisciplinar de educadores que se encargan de organizar, planificar e levar a cabo as visitas. Ademais elabora material didáctico, deseña actividades, realiza informes, publicacións, exposicións e estratexias divulgativas para os proxectos de investigación-demostración que leva a cabo Sotavento. Tamén coordina e contribúe activamente ao deseño e posta en marcha de proxectos demostrativos, aplicacións informáticas, etc. Por último, tamén se responsabiliza da área de comunicación e relacións externas do parque.

Ademais, a interrelación coa área técnica, posibilita a divulgación de proxectos, investigacións, experiencias e novidades tecnolóxicas ás persoas interesadas.


Recursos Humanos