Síguenos en Facebook
Síguenos en Twitter

Instalacións


Aula divulgativa


Espazo central do edificio, pensado para divulgar as enerxías renovables entre todos os segmentos da poboación. É un espazo no que se accede a gran cantidade de información sobre as fontes de enerxía renovables dende diferentes ópticas de aproximación. Distintas maquetas, paneis e aplicacións informáticas interactivas, ilustran o funcionamento destas enerxías podendo, ademais, ser comparadas coas enerxías convencionais.

aula divulgativa

No miradoiro, segunda planta da aula, albérganse habitualmente exposicións que apoian os distintos contidos que se tratan en Sotavento.

miradoiro

Sala de Eficiencia Enerxética


A sala conta con aplicacións informáticas exclusivas, onde o visitante pode comprobar de xeito práctico e interactivo distintas medidas de aforro e eficiencia enerxética relacionadas coa iluminación, co uso dos electrodomésticos, o transporte, etc.

sala de eficiencia enerxética

Sala Multifunción / Auditorio


Trátase dunha área duns 100 m2 empregada para todo tipo de actividades, dende actos, relatorios, seminarios, ata zona de realización de talleres e experiencias.

auditorio

Sala de Control


É o lugar onde se supervisa a produción e o comportamento das distintas tecnoloxías de aeroxeradores presentes en Sotavento. Tamén se centraliza a información dos proxectos que se levan a cabo na instalación.

sala de control

Obradoiro de Enerxía


Pensado para que os visitantes puidesen observar de forma máis directa o funcionamento das máquinas.
Para iso conta con aeroxeradores reais cos seus distintos compoñentes. A zona complétase con instalacións térmicas e paneis informativos.

obradoiro de enerxía

Na zona exterior do Parque, distribuídos en 50 Ha, o visitante pode encontrar os seguintes contidos:

Aeroxeradores


Un total de 24 máquinas, entre as cales encontramos 9 modelos distintos.

Aeroxeradores

Paneis solares


Varias instalacións reais de diferentes tecnoloxías tanto térmicas como fotovoltaicas, así como o proxecto de comparación de seguidores e tecnoloxías solares fotovoltaicas.

Paneis Solares

Vivenda Bioclimática


É un centro de interpretación da arquitectura bioclimática, cuxa estrutura nos mostra as posibilidades reais dun modelo da construción eficiente. O visitante poderá comprobar a aplicabilidade das enerxías renovables nunha vivenda familiar e a comparación das innovacións tecnolóxicas neste campo. Está dotada dunha sala de estar, un dormitorio, unha cociña, dous cuartos de baño, sala de caldeiras e zona de produción de electricidade. (+info)

Vivienda Bioclimática

Planta de Hidróxeno


Alberga o proxecto pioneiro de investigación relacionado coa posibilidade de utilizar hidróxeno para almacenar enerxía eólica. (+info)

Planta de Hidróxeno

Zona de Cultivos Enerxéticos


Ensaio-demostración da produción deste tipo de fonte enerxética, realizada polo Departamento de Edafoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e composta por distintos cultivos enerxéticos.

Zona de Cultivos Enerxéticos

O Bosque das "tarabelas"


Utilizadas tradicionalmente para protexer os cultivos das aves.

O Bosque das Tarabelas

O Bosque de mangas


Para coñecer a forza e dirección do vento. En Sotavento teñen ata 7 m. de lonxitude e as súas cores identifican as seis enerxías renovables.

O Bosque de Mangas

As "Mámoas"


Nove túmulos ou sepulcros propios do período megalítico. Unha delas foi reproducida para poder visualizar as súas partes principais.

As Mámoas

Ruta do Vento


Formada por esculturas dispersas ao longo das 50 Ha do parque, todas elas relacionadas co vento. Están constituídas por pezas da mina e da central térmica de As Pontes (canalizacións de presión, silos de carbón, etc.). O colorido presente nas esculturas representa, como no caso das mangas, as seis fontes de enerxía renovables.

Ruta do Vento

Ruta das Pedras


Durante o percorrido podemos ver a riqueza xeolóxica galega nunha exposición permanente e única das pedras máis representativas da nosa xeoloxía. Foi realizada polo Museo de Historia Natural "Luis Iglesias" da Universidade de Santiago de Compostela e dispón de guías educativas realizadas en colaboración coa Facultade de Pedagoxía da mesma universidade e a área educativa de Sotavento.

Ruta das Pedras

Ruta do Quixote e o Vento


Con motivo do IV Centenario do Quixote nace esta ruta que pretende homenaxear a obra e ao seu autor en xeral e, en especial, os capítulos nos que o vento ten protagonismo. En cada unha das máquinas do parque pódese observar unha viñeta e unha figura que ilustran diferentes pasaxes da obra de Don Miguel de Cervantes.

Ruta do Quixote e o Vento (1)

Ruta do Quixote e o Vento (2)